Dende o inicio do curso estamos a traballar na biblioteca coa ilusión de achegar os lilbros ao noso alumnado e de espertar neles o interese e a ilusión por adentrarse noutros mundos navegando nun mar de libros.
É por eso que fixemos unha exposición cos fondos adquiridos recentemente.
SAMAÍN 2016
Nestas datas nas que é tan facil confundir o mundo real e o imaxinario aproveitamos para poñer a man dos nosos alumnos unha boa selección de fondos"terroríficos " cos que desexamos se divirtan aterradoramente.
É por iso que os corredores do noso colexio aparecen cheos de expositores con libros que poden coller libremente para usar na "HORA DE LER"
CENTENARIO DE ROALD DAHL
Non podiamos deixar pasar a ocasión do centenario deste "amigo dos nenos" de xeito que seleccionamos os fondos da nosa biblio para invitar ao alumnado a adentrarse no maravilloso e fantástico mundo do autor.